Piñeiro, Vicente

A morte dun editor : Derradeiros días de Ánxel Casal / Vicente Piñeiro - 1ª ed. - Santiago de Compostela : Sotelo Blanco , 2009 - 97 p. ; 22 cm


Cando Lola chega a Santiago de Compostela para matricularse na facultade de Historia, ignora os misterios que a cidade sartego lle ten reservados. Serán esas rúas de astros que gardan os segredos dun tempo que foi, onde a protagonista de A morte un editor se descubra a si mesma, a través de dúas vivencias, a do primeiro amor –como tropel de sentimentos confusos, desexo, ansia, paixón, compromiso e unión de dúas liberdades individuais-, pero tamén a vivencia de algo máis profundo e irreversible: a vocación literaria. Así, unha Lola ávida de coñecemento enfrontarase á investigación e descuberta do que foron aqueles derradeiros días da República na cidade de pedra tras o levantamento fascista e, sobre todo, o brutal asasinato do entón alcalde e tamén editor Ánxel Casal. Logo deste axuste de contas coa verdade histórica, unha nova Lola agroma, e a persoa que agora é sabe que non hai regreso posible, pois abriu unha porta que endexamais poderá volver pechar.

1º-2º BAC

9788478245741


Ánxel Casal
María Miramontes


Amor
Fascismo
Guerra civil española, 1936-1939
Represión
Fusilamentos
Novela histórica
II República
Memoria histórica


Santiago de Compostela

82-N

Powered by Koha