Maceiras, Andrea (1987- )

O corvo sobre a neve / Andrea Maceiras - 1ª edición - Vigo : Xerais , 2025 - 234 páxinas ; 22 cm - ( Fora de xogo ; 219) .

Na era glacial, os Países Temperados pecháronlles as fronteiras aos emigrantes climáticos. A neve sepultou toda esperanza. E mentres os cidadáns lexítimos son controlados por asistentes persoais, os parias do frío son obrigados a tatuar a marca dun carrán ártico no fémur. Dryas e a súa familia viven afastados de todo. El sabe que os seus pais agochan un escuro segredo. Por iso, cando a nai e o irmán pequeno desaparecen sen deixar rastro, vese na obriga de fuxir canda o pai ata o límite da Zona Vedada. A súa única guía será un corvo creado coa chamada Tecnoloxía Eterna e sete libros antigos e obsoletos que detesta. O que Dryas non sabe é que alguén os busca na distancia. Nin que os segredos poden deixar cicatriz. Tampouco que, algunhas veces, a literatura é a única salvación posible.

9788411107297


Cambios climáticos --Novelas
Cambios climáticos --Novelas

821.134.4-31"20"

Coa tecnoloxía Koha