Stevenson, Robert Louis

As aventuras de David Balfour / Robert Louis Stevenson - 1ª ed. - Vigo :Edicións Xerais de Galicia ,1986 - 252 p :il ;19cm - Xabarín ;19 .

David Balfour queda orfo e bótase á procura da súa herencia, que axiña descubre usurpada polo seu tío; entón é obxecto dun rapto. Velaí o pretexto dunha das máis importantes novelas do prolífico Stevenson que, coa súa mestría técnica habitual, vai leva-lo fío do relato a través do capítulo histórico vivido na metade do s. XVIII, vivos aínda os restos da guerra civil que enfrentara ós partidarios escoceses do pretendente Carlos Eduardo, da casa dos Estuardo, co trono inglés dos Hannover. Así David dá con Alan Breck, escocés xacobita rebelde que loita co que considera unha inxusticia histórica, mentres o mesmo David, habitante das terras baixas, se amosa representante da indiferencia tocante ós "devaneos" do poder; e corren xuntos as insospeitadas aventuras que compoñen este libro para remata-la madeixa... nunha brillante victoria dos que xogaron coas armas da xusticia moral.

1º-2º ESO

8475072372


Xustiza
Aventuras
Misterio

82N-G 087.5:820-31"18"

Powered by Koha