Carson, Rachel

O sentido do abraio : A celebración da natureza para persoas de todas as idades Rachel Carson - 1ª ed. - Vigo : Catro Ventos Editora , 2018 - 53 p. : fot b/n ; 18 cm

Tít. orixinal: The Sense of Wonder. A Celebration of Nature for Parents and Children

A celebración da natureza para persoas de todas as idades.
Xuntando dúas das cinco liñas editoriais de Catro Ventos, ecoloxía e educación alternativa, publicamos en galego este ensaio da escritora e bióloga mariña Rachel Carson (1907-1964), autora de obras fundamentais para o ecoloxismo moderno como Primavera silenciosa (1962).

Na publicación orixinal na revista Women’s Home Companion (1956), este texto ía dirixido a nais e pais e animábaos a explorar a natureza coas súas crianzas a fin de cultivaren xuntos o sentido do abraio. Esta obra é a base dun proxecto moi persoal da autora que había converterse no que ela denominaba O libro do abraio. Carson faleceu antes de poder darlle a forma esperada, pero o espírito e a súa teima persoal están aquí: como explorar e conservar durante toda a vida a capacidade do abraio, unha batalla que, segundo ela, só se gaña ou perde na infancia.

Libro de de encadernación coidada con textos, fotos en branco e negro e papel cebola verde que vos fará evocar á natureza.

9788494915444


Natureza
Ecoloxía

50 502

Powered by Koha