Strömquist, Liv (1978-)

A froita do coñecemento / Liv Strömquist - Álvarez Martínez, David Á. - Vigo : catroventos , 2021 - 139 p. : principalmente il. b/n e cor ; 24 cm.

A vulva contra o patriarcado.
Liv Strömquist enfoca con orixinalidade a historia dos xenitais das mulleres nesta obra gráfica instrutiva e tremendamente divertida. Nun colorido mosaico que vai desde a Grecia antiga até a actualidade, a autora desvela séculos de represión sexual e rompe con numerosos prexuízos. Por estas páxinas deambulan, entre outros personaxes, a Bela Dormente, deusas hindús e bruxas medievais, Sartre e Freud.

Cunha documentación minuciosa e cun humor mordaz, Strömquist debuxa a percepción que a sociedade tivo da vulva, o clítoris e a menstruación ao longo da historia. Expón, así mesmo, os mecanismos de estimagtización, politización e patoxilización dos xenitais das mulleres, e o efecto devastador que isto tivo na súa sexualidade.

3º-4º ESO

9788412249941


Banda deseñada--Cómic europeo
Feminismo--Divulgación
Corpo feminino--Autocoñecemento
Mulleres--Fisioloxía

82-C

Coa tecnoloxía Koha