Animales difíciles / Rosa Montero.
por Montero, Rosa (1951- ) [autor/a]
.
Tipo: 





Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES de Curtis Sala préstamo | 86-3 MON ani | Dispoñible | CED063000014412 |
|
No Madrid de 2111, a detective Bruna Husky é contratada para investigar un atentado terrorista nas instalacións de Eternal, unha gran empresa tecnolóxica. As primeiras pistas levan ata un xornalista que segue os pasos dun dos asaltantes, pero cando os implicados empezan a desaparecer ou a morrer o rastro pérdese. A detective e o seu colega, o inspector Lizard, veranse atrapados nun enigma cada vez máis sombrío, nunha trampa mortífera deseñada por unha mente criminal aterrecedora. Estamos ante unha Bruna Husky chea de furia contra o mundo e, sobre todo, contra si mesma, porque xa non é unha poderosa tecnohumana de combate, senón un débil androide de cálculo. E é desde esa nova fraxilidade desde a que debe afrontar o caso máis perigoso de toda a súa carreira.
Animais difíciles expón aquilo que non queremos mirar de fronte: a inconsciencia coa que estamos a desenvolver unha superinteligencia descoñecida, un poder absoluto, que non sabemos se seremos capaces de controlar e que pode converterse nunha arma definitiva e brutal.
Rosa Montero pecha ao grande a serie de Bruna Husky, formada polas novelas Bágoas na choiva, O peso do corazón e Os tempos do odio. Espectacular, emocionante e perigoso, o último caso da formidable detective é un apaixonante crebacabezas de tensión crecente e final luminoso sobre o sentido da vida e o destino da Humanidade.