O corazón de Xúpiter / Ledicia Costas
by Costas, Ledicia [Author].
Type: BookSeries: Fóra de xogo ; 143.Publisher: Vigo :Edicións Xerais de Galicia ,2012 Edition: 1ª ed.Description: 216 p :il ;22cm.ISBN: 9788499144337.Subject(s): 82N-G | Adolescencia | Amor | Amizade | Astronomía | Acoso escolar | Bullying | Internet | MorteOnline resources: Click here to access online Abstract: Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas. As longas conversas até ben entrada a madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia que traspasaba as fronteiras do ciberespazo. Isla sentiu a necesidade de sabelo todo sobre Xúpiter: onde vivía, a que instituto ía, o seu nome real... Quedaron para se coñecer nunha noite de San Xoán de cacharelas e mar embravecido. Foi entón, despois de despedirse da súa amiga Mar, cando Isla se precipitou na escuridade. A súa vida estaba a piques de cambiar para sempre. List(s) this item appears in: FÓRA DE XOGOThis record has many physical items (387). Click here to view them all.
16ª Edición - Premio Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil 2012 - Premio Asoc. de Escritores en Lingua Galega (Infantil/Xuvenil), 2012
Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas. As longas conversas até ben entrada a madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia que traspasaba as fronteiras do ciberespazo. Isla sentiu a necesidade de sabelo todo sobre Xúpiter: onde vivía, a que instituto ía, o seu nome real... Quedaron para se coñecer nunha noite de San Xoán de cacharelas e mar embravecido. Foi entón, despois de despedirse da súa amiga Mar, cando Isla se precipitou na escuridade. A súa vida estaba a piques de cambiar para sempre.
3º-4º ESO