A illa do tesouro / R. L. Stevenson ; traducción e notas, Xavier Alcalá.
by Stevenson, Robert Louis (1850-1894 ); Alcalá, Xavier (1947- ) [Translator].
Type: BookSeries: (Xabaril (Edicións Xerais de Galicia) ; 10).Publisher: Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 2011 Edition: 7ª edición febreiro 2022.Description: 305 p. ; 21 cm.ISBN: 9788499143330.Uniform titles: [The treasure island. Galego].Subject(s): Cuento de aventuras -- Cuentos | Conto de aventuras -- contosAbstract: Un mociño inglés do século XVIII vive e conta neste libro, clásico no seu xénero, unha aventura extraordinaria se é que as hai. Mesturados el e mailos seus amigos cunha grea de bucaneiros disfrazados de xente de ben, e norteados todos polo mapa que tirara o rapaz do cofre dun pirata finado na cativa pensión familiar, nunha aldea mariñeira, bótanse ó mar tralo engado do fabuloso tesouro soterrado por unha banda dos autodenominados cabaleiros de fortuna naquela afastada illa descrita no tal mapa. As peripecias de Jim Hawkins, do capitán Smollet, de Long John Silver e o resto dos tripulantes da Española significaron para varias xeracións non só a cristalización dos soños de mocidade de aventuras, senón tamén a realización literaria da ansia de escapismo que aniña en todo ser humano. Se ben, a complexidade psicolóxica dalgúns personaxes, especialmente John Silver, amosa a característica preocupación de Robert Louis Stevenson pola ambigüidade moral do ser humano, A illa do tesouro representa en estado puro a novela de aventuras na cal a procura mítica dun obxecto prezado actúa como móbil para a fuxida cara a escenarios exóticos onde a liberdade é posible. List(s) this item appears in: LIBRO CON PELIThis record has many physical items (69). Click here to view them all.
Un mociño inglés do século XVIII vive e conta neste libro, clásico no seu xénero, unha aventura extraordinaria se é que as hai. Mesturados el e mailos seus amigos cunha grea de bucaneiros disfrazados de xente de ben, e norteados todos polo mapa que tirara o rapaz do cofre dun pirata finado na cativa pensión familiar, nunha aldea mariñeira, bótanse ó mar tralo engado do fabuloso tesouro soterrado por unha banda dos autodenominados cabaleiros de fortuna naquela afastada illa descrita no tal mapa. As peripecias de Jim Hawkins, do capitán Smollet, de Long John Silver e o resto dos tripulantes da Española significaron para varias xeracións non só a cristalización dos soños de mocidade de aventuras, senón tamén a realización literaria da ansia de escapismo que aniña en todo ser humano. Se ben, a complexidade psicolóxica dalgúns personaxes, especialmente John Silver, amosa a característica preocupación de Robert Louis Stevenson pola ambigüidade moral do ser humano, A illa do tesouro representa en estado puro a novela de aventuras na cal a procura mítica dun obxecto prezado actúa como móbil para a fuxida cara a escenarios exóticos onde a liberdade é posible.