Seis cordas e un corazón / Roque Morteiro
by Toro, Xelís de; Morteiro, Roque [Author].
Type: BookSeries: Negra ;2.Publisher: Galicia :Xerais ,1989 Edition: 1ª ed.Description: 108 p ;21cm.ISBN: 847507426x.Subject(s): 82N-G | Novela negra | Drama | Humor | SuburbiosThis record has many physical items (80). Click here to view them all.
Primeiro premio "Semana Negra" de novela curta, 1989
Utiliza un argot urbano Cultura moza de finais dos 80: sexo, drogas e rock and roll
Seis cordas e un corazón foi posiblemente o primeiro libro galego escrito en argot urbano.
O seu argumento bebe dos temas claves da cultura moza de finais dos oitenta: sexo, drogas e rock and roll. A súa escrita visual e fluida, cercana ao cómic e o cine e as súas personaxes e aventuras urbanas e disparatadas, converteron o libro nun éxito inmediato.
Seis cordas e un corazón ten a virtude de rir de todo e de todos, comezando polo propio libro e autor; soou coma un petardo ás portas da literatura galega para deixar que entrasen novos ventos, ventos frescos.
O libro beneficiouse de aparecer no momento adecuado; cando a literatura galega se debatía en discusións interminabeis entre tradición e modernidade e cultura urbana e cultura rural, Seis cordas e un corazón deitou boca arriba todas as cartas sobre a mesa dun golpe, sen pedir permiso nin desculpas. O libro abriu ás portas a unha nova temática e a un novo público que raramente atopaba un espazo na literatura galega desa época.
3º-4º ESO
1º-2º BAC