Lectores autónomos (9 - 11 ano
As peripecias do capitán Moulin Rouge e o seu fiel Marigot comezan como unha simpática comedia, pero pronto se complican por mor dunha sinistra trampa. A trama traza camiños distintos para cada personaxe e penetra ao lector nunha historia máis escura e sórdida. O debuxo humorístico axuda a descargar as tensións dun guión moi ben exposto. Estamos #ante un magnífico creador de ambientes e atmosferas que nos mergulla de forma maxistral no atafegante clima da selva amazónica, apoiándose nun trazo que se volve máis denso e enérxico conforme a historia pasa do cómico ao tráxico.
1º-2º ESO