Maio de 2024. A inspectora Iria Santaclara abandonou o servizo activo para coidar de Anxo, o seu marido, convalecente tras sufrir un ictus, cando recibe a misteriosa chamada de Ulises Villamor, unha das fortunas máis importantes do país e dono dun imperio vinculado ao ámbito sanitario. O empresario pídelle que se traslade á súa mansión de Loeiro, na que vive cos seus fillos e netos, para tratar de investigar de maneira extraoficial a morte da súa muller, pois sospeita que esta foi asasinada hai catro anos por un membro da súa propia familia. A proposta de correr cos gastos dun custoso tratamento en Alemaña que podería salvar a Anxo convence a Iria, que decidirá instalarse na Casa Rosa. Pronto se producirá un novo asasinato, e a inspectora Santaclara atopará no seu antigo xefe, o recentemente xubilado César Araújo, un inesperado apoio para tentar desentrañar os numerosos segredos que se esconden tras os muros da luxosa morada.