O segredo do alicorno / Hergé
por Hergé [autor/a]
; Arias López, Valentín [tradutor/a]
.
Tipo: 



Este rexistro ten moitos ítems físicos (83). Faga clic aquí para velos todos.
Hernández e Fernández acoden ao mercadillo da praza de Vossenplein, no barrio de Marollen en Bruxelas, para investigar unha misteriosa serie de roubos de carteiras. Alí atópanse con Tintín, quen adquire no mercadillo a maqueta dun barco para regalarlla ao seu camarada, o capitán Haddock. Pouco logo de comprar o agasallo, é abordado por dous individuos que lle fan ofertas pola maqueta. O primeiro é un tal Ivan Ivanovitch Sakharine; o segundo, cuxo nome se ignora aínda, resulta ser un tal Barnaby. Pouco despois Tintín recibe no seu domicilio a visita de Sakharine, quen segue intentando mercar o barco. Tintín négase de novo. Milú derruba accidentalmente o barco e rompe o mastro, e cando Tintín está arranxando os danos chega o capitán Haddock, quen queda moi sorprendido ao ver o barco. Leva a Tintín á súa casa e ensínalle un cadro no que aparece o mesmo barco, chamado "O Alicorno", tras un retrato dun antepasado de Haddock, o cabaleiro de Hadoque, que viviu na época de Lois XIV. Tintín regresa á casa, e descobre que o barco desapareceu. Acode a indagar á casa de Ivan Ivanovitch Sakharine, e descobre que este posúe un modelo de barco idéntico ao que lle subtraeron (non é o mesmo, xa que o mastro non está roto). Ao regresar á súa casa, atópao todo revolto, sinal de que o que subtraeu o barco regresou en busca de algo máis...
5º-6º Primaria
1º-2º ESO
3º-4º ESO