Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Seis cordas e un corazón / Roque Morteiro

por Toro, Xelís de; Morteiro, Roque [autor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries: Negra ;2.Editor: Galicia :Xerais ,1989 Edición: 1ª ed.Descrición: 108 p ;21cm.ISBN: 847507426x.Materia(s): 82N-G | Novela negra | Drama | Humor | Suburbios
Contido:
Utiliza un argot urbano Cultura moza de finais dos 80: sexo, drogas e rock and roll
Resumo: Seis cordas e un corazón foi posiblemente o primeiro libro galego escrito en argot urbano. O seu argumento bebe dos temas claves da cultura moza de finais dos oitenta: sexo, drogas e rock and roll. A súa escrita visual e fluida, cercana ao cómic e o cine e as súas personaxes e aventuras urbanas e disparatadas, converteron o libro nun éxito inmediato. Seis cordas e un corazón ten a virtude de rir de todo e de todos, comezando polo propio libro e autor; soou coma un petardo ás portas da literatura galega para deixar que entrasen novos ventos, ventos frescos. O libro beneficiouse de aparecer no momento adecuado; cando a literatura galega se debatía en discusións interminabeis entre tradición e modernidade e cultura urbana e cultura rural, Seis cordas e un corazón deitou boca arriba todas as cartas sobre a mesa dun golpe, sen pedir permiso nin desculpas. O libro abriu ás portas a unha nova temática e a un novo público que raramente atopaba un espazo na literatura galega desa época.
    valoración media: 0.0 (0 votos)

Este rexistro ten moitos ítems físicos (80). Faga clic aquí para velos todos.


Primeiro premio "Semana Negra" de novela curta, 1989

Utiliza un argot urbano Cultura moza de finais dos 80: sexo, drogas e rock and roll

Seis cordas e un corazón foi posiblemente o primeiro libro galego escrito en argot urbano.
O seu argumento bebe dos temas claves da cultura moza de finais dos oitenta: sexo, drogas e rock and roll. A súa escrita visual e fluida, cercana ao cómic e o cine e as súas personaxes e aventuras urbanas e disparatadas, converteron o libro nun éxito inmediato.
Seis cordas e un corazón ten a virtude de rir de todo e de todos, comezando polo propio libro e autor; soou coma un petardo ás portas da literatura galega para deixar que entrasen novos ventos, ventos frescos.
O libro beneficiouse de aparecer no momento adecuado; cando a literatura galega se debatía en discusións interminabeis entre tradición e modernidade e cultura urbana e cultura rural, Seis cordas e un corazón deitou boca arriba todas as cartas sobre a mesa dun golpe, sen pedir permiso nin desculpas. O libro abriu ás portas a unha nova temática e a un novo público que raramente atopaba un espazo na literatura galega desa época.

3º-4º ESO

1º-2º BAC

Coa tecnoloxía Koha