Vista normal Vista MARC Vista ISBD

A lenda da lúa de Montealto / An Alfaya

por Alfaya, An [autor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries: Docexvintedous.Editor: Santiago de Compostela : Sotelo Blanco , 2007 Edición: 1ª ed.Descrición: 80 p. ; 22cm.ISBN: 9788478245208.Materia(s): Libro expurgado | Lij-G | Libros infantiles y juveniles -- (D) Para 12-13-14 años | Libros infantís e xuvenís -- (D) Para 12-13-14 anos | Luna -- Cuentos -- Libros infantiles y juveniles | Lúa -- Contos -- Libros infantís e xuvenís | Leyendas-Novelas-Libros infantiles y juveniles | Lendas-Novelas-Libros infantís e xuvenís | SensualidadeRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Se vas a Montealto, achégate onda o Manuel, e pregúntalle por que se mantén asomado ao peitoril da súa xanela, sen atreverse a baixar á praza. ¿Será que lle asusta pescudar a escuridade no mundo da Morena? ¿Por que non creu na premonición da Milagreira? Dille que Oliva provén dun misterio e medroulle un soño no ventre con forma de media lúa fouciña. ¿De quen será a semente? Coméntalle que Eusebio, o Comecabrascrúas de Montealto, ten unha alma que ansía a gloria, aínda que semella un brután cun corazón de mazá. Quizais se atreva a falarche da tola do muíño, de Candela, do párroco Aniceto, da señorita Flora, do salgueiro ou da voracidade do río Galeno. Se cadra, o Manuel quedou preso nas redes daquel prodixio do pasado que tinguiu a Montealto de inquedanzas, e non ten respostas, senón preguntas, igual ca min, igual ca ti tras mergullarte nesta lenda que agocha os segredos da lúa.A lenda da lúa de Montealto é unha novela ateigada de referencias aos sentidos: a calor, os olores, o tacto e o sabor das cousas. A sensualidade agroma en cada palabra, buscando describir cada unha das reaccións psicolóxicas e fisiolóxicas dos protagonistas.
    valoración media: 0.0 (0 votos)

Este rexistro ten moitos ítems físicos (77). Faga clic aquí para velos todos.


Se vas a Montealto, achégate onda o Manuel, e pregúntalle por que se mantén asomado ao peitoril da súa xanela, sen atreverse a baixar á praza. ¿Será que lle asusta pescudar a escuridade no mundo da Morena? ¿Por que non creu na premonición da Milagreira? Dille que Oliva provén dun misterio e medroulle un soño no ventre con forma de media lúa fouciña. ¿De quen será a semente? Coméntalle que Eusebio, o Comecabrascrúas de Montealto, ten unha alma que ansía a gloria, aínda que semella un brután cun corazón de mazá. Quizais se atreva a falarche da tola do muíño, de Candela, do párroco Aniceto, da señorita Flora, do salgueiro ou da voracidade do río Galeno. Se cadra, o Manuel quedou preso nas redes daquel prodixio do pasado que tinguiu a Montealto de inquedanzas, e non ten respostas, senón preguntas, igual ca min, igual ca ti tras mergullarte nesta lenda que agocha os segredos da lúa.A lenda da lúa de Montealto é unha novela ateigada de referencias aos sentidos: a calor, os olores, o tacto e o sabor das cousas. A sensualidade agroma en cada palabra, buscando describir cada unha das reaccións psicolóxicas e fisiolóxicas dos protagonistas.

1º-2º ESO

3º-4º ESO

Coa tecnoloxía Koha