Con e de curcuspín : cartas a las lenguas / Mario Obrero
por Obrero, Mario (2003-) [autor/a]
.
Tipo: | Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
|---|---|---|---|---|---|---|
| Prestable | IES de Curtis Sala préstamo | 86-4 OBR ede | Dispoñible | CED063000014564 |
|
Contén, entre outros, o capítulo: Benquerido galego, p. 33-62.
Nos anos do franquismo, nunha parroquia asturiana, o mestre, castelánfalante, ensina as vogais aos seus alumnos. No encerado, debuxa á beira dun abano unha a: «es la a de…». Todos gritan ao unísono: «a d'abanicu!». Do abanico ao abanicu, o pecado parece menor. Ao chegar a seguinte vogal, o e emerxe xunto a un ourizo no encerado. E cando o mestre repite: «es la e de…», todos replican: «ye la e de curcuspín!». E é que os "erizos" normativos, por moito que ocupen lousas e documentos oficiais, son poucos en comparación cos curcuspines e a súa asemblea de nomes.
Sorprende que as linguas do Estado esperten interese fóra dos seus territorios, máis aínda desde o mesmo centro. Con todo, como non vai aprender asturianu ou català alguén que, como Mario Obrero, pisa a diario as rúas cada vez máis políglotas dunha cidade como Xetafe? Di o autor que «a herdanza dos pobres son as palabras». Reivindiquémolas, entón, en todas as súas formas; porque fronte a uns marcos cada vez máis estreitos e limitados necesitamos palabras, entes silábicos que nos fagan algo máis sinxela e esperanzada a tarefa de pensar o futuro.
Con e de curcuspín é un canto de amor ás linguas que conforman unha realidade plurilingüe e diversa: ao galego, ao aragonés, ao català, ao aranés, ao asturianu, ao estremeñu, ao euskara…; a todas esas linguas e literaturas minorizadas que hai que ter en conta non só polas marabillosas obras que deron e dan, senón pola súa admirable tenacidade por existir.
As minorías, no seu conxunto, son maioritarias e universais; e nun mundo erixido sobre un feudo monolingüe, buscar o curcuspín convértese nunha necesidade.